Thursday 02 de May de 2024

Medio Ambiente inicia este luns o Programa de Limpeza Zonal Intensiva na cidade


Monte Alto será o primeiro barrio no que se aplicará este programa intensivo impulsado pola Concellería que afectará a todos os barrios da cidade

A Concellería de Medio Ambiente e Sustentabilidade anuncia o inicio do Programa de Limpeza Zonal Intensiva da cidade no que se realizarán labores de limpeza en cada un dos barrios de maneira exhaustiva

Monte Alto será o primeiro distrito no que se aplicará este programa intensivo. A Concellería comezou a sinalización para evitar aparcar nas rúas do barrio de Monte Alto nas que se comezará a limpar o vindeiro luns 16 de setembro. As rúas afectadas son as seguintes:

• Coronel Cerviño Núñez

• Xeneral Caridad Pita

• Avenida de Navarra desde Santo Tomé ata a ronda de Monte Alto

• Mauricio Farto Parra desde Avenida de Navarra ata a ronda de Monte Alto, incluíndo as escaleiras de Santa Cecilia.

A edila de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán, asegurou que “desde a Concellería sabemos que as labores de limpeza sempre ocasionan algunhas molestias na vida cotiá da veciñanza pola limitación das zonas de aparcadoiro, ruído da maquinaria… Non obstante, pedímoslles a máxima colaboración co obxectivo de que a limpeza sexa o máis profunda e eficiente posible”.

O programa de limpeza no barrio de Monte Alto seguirá o martes polas rúas Faro, Valencia, San Antonio, San Tirso, Touro (incluíndo o calexón) e Santa Cecilia. O Concello informará das rúas afectadas na mesma zona nos vindeiros días da semana.